lunes, 2 de mayo de 2011

12 Horas en Bici, A Coruña


12 HORAS EN BICI 2011
A Coruña | V edición

_Cando?
O sábado 7 de maio, desde as 10 da mañá ata as 10 da noite.

_Onde?
Haberá un posto informativo (mais taller móbil) na R/ Manuel Murguía fronte ó estadio de Riazor; este ano o circuito é novo e coincide unha parte do percorrido co do Nacional de Triatlon, así que imos mudar lixeiramente o percorrido de pola mañá [ http://www.bikemap.net/route/938382 ] para a tarde [ http://www.bikemap.net/route/916432 ]

_Pero, doce horas pedaleando?
Non, pero si. As 12 horas en bici non son unha proba de resistencia física nin se trata dun evento de carácter competitivo nin comercial senón un espazo de encontro, sociabilidade e activismo ciclista, cun perfil reivindicativo e festivo. Trátase dunha intervención no espacio público coa intención de reclamalo e transformalo. Durante doce horas, calquera persoa pode participar desta acción coa súa bici ou calquera outro vehículo non poluínte. En calquera momento, entrando e saíndo as veces que queira.

Éste ano "aparcaremos" un renovado punto de información na rúa Manuel Murguía baixo a forma PARK(ing) Day (información máis abaixo).

_E cal é o obxectivo?
Para as persoas que convocamos esta V edición das 12 horas en bici as razóns son múltiples, e pódese participar por outras diferentes ás nosas. Non obstante, para nós o obxectivo común é enfrentarnos ao dominio do coche privado sobre as nosas cidades e sobre o conxunto do planeta, á agresividade medioambiental e social que conleva.
Queremos levar a cabo a demostración de que é posible desprazarse doutro xeito; sen atascos, ruídos nin malos fumes. Todo isto coa seguridade que nós creamos ante o tráfico motorizado ao pedalear en grupo.

_Quen convoca?
A Masa Crítica da Coruña. A Masa Crítica é un paseo en bicicleta indepedente, lúdico e reivindicativo que se celebra en xa cerca de catrocentas cidades diferentes, conformando así un movemento social a escala planetaria, cuxo activismo se centra na mobilidade e promove a bicicleta como tecnoloxía alternativa á degradación medioambiental e ás desigualdades sociais que implican as políticas do "todo para o coche privado".

Na Coruña
, desde novembro do 2005, a Masa Crítica parte cada primeiro venres de mes ás 20:00h da praza de María Pita. O venres previo ás 12 horas, 6 de maio, toca.

_Que é un PARK(ing) Day?
A media de espazo que as cidades europeas adican á circulación i estacionamento de coches é de case un 30%, chegando ao 40% nas urbanizacións de nova construcción e condicionando pouco menos que o total do espazo público. O Parking Day é unha acción de recuperación temporal do espazo de estacionamento dun coche para usos sociais alternativos. Cada ano, a mediados de setembro, organízase unha xornada global de Parking Day.
Durante as 12 horas en bici "aparcaremos" na rúa Manuel Murguía cun punto informativo e de lecer, que contará tamén cun taller de autoreparación de bicicletas; onde poderás adquirir coñecementos de mantemento e reparación e aplicalos á túa máquina.

Máis información: http://bicis.info/foro

2 comentarios:

danddv77 dijo...

O epírafe ONDE debería quedar:

_Onde?
Haberá un posto informativo (mais taller móbil) na R/ Manuel Murguía fronte ó estadio de Riazor; este ano o circuito é novo e coincide unha parte do percorrido co do Nacional de Triatlon, así que imos mudar lixeiramente o percorrido de pola mañá [ http://www.bikemap.net/route/938382 ] para a tarde [ http://www.bikemap.net/route/916432 ]

Ciclousuario dijo...

Correxido!! Grazas polo aviso dan.