miércoles, 5 de agosto de 2009

Masa Crítica Agosto. A Coruña

Este venres, nova concentración ciclista na Coruña
Móllate, usa a bici tódolos días

Con saída dende a praza de María Pita ás 20:00 h, este venres 7 de agosto hai unha nova convocatoria da Masa Crítica Coruña, unha bicicletada pola cidade para pedir menos fumes e máis bicis nas súas rúas e así mellorar tanto o tráfico rodado coma a nosa saúde.

A idea desta marcha neste mes de agosto é percorrer as principais praias baixo o lema "Móllate, usa a bici tódolos días", para pedir unha maior implicación das autoridades municipais no tema do tráfico e buscar o apoio activo dos cidadáns para que usen a bici en Coruña tódolos días e descubran o doado que é facelo posible.

O percorrido previsto sería saír dende María Pita pola Avenida da Mariña e os Cantóns ata Juana de Vega, unha vez alí se collería o carril-bici-bus de San Andrés ata a Praza de España seguindo pola rúa San Juan e Orillamar para baixar ata a praia de San Amaro. Despois daríase unha volta por Adormideras, subindo de novo ó paseo marítimo seguindo o carril bici ata a praia do Orzán, para rematar no rom peolas que separa esta praia da de Riazor.

Coma sempre, vos podedes unir en calqueira punto ó grupo de ciclistas.

Aquí tedes o enlace ó cartel da marcha

E aquí un panfletiño para poñer en blogs e webs: