viernes, 10 de julio de 2009

Bicicoruña

Bicicoruña, bicicletas públicas en Coruña

Despois de anos de promesas incumplidas e de alongar os prazos para a súa posta en marcha, por fin o concello da Coruña pon en marcha o sistema de aluguer de bicicletas para facer desta cidade un lugar máis habitable e con menos fumes. Para usar Bicicoruña, con 150 bicicletas ditribuidas por 10 puntos da cidade, xa podes activar a túa tarxeta Millenium na sede da empresa municipal EMVSA, na Casa do Auga en horario de 9 a 13 horas y de 16 a 18 horas.

As dez bases para coller-deixar as bicicletas están ubicadas na
- Estación de Autobuses
- Os Castros
- Praia de Oza
- Xardíns de Méndez Núñez
- Cidade Deportiva da Torre
- As Lagoas
- Praza de Pontevedra
- Casa do Auga
- Millennium
- Estación de Trens.

Agora só queda esperar que se fomente e publicite o seu uso, para que non sexa outro fracaso como o sistema de compartir coche que tamén puxera en marcha o concello.

Máis información na web do Concello da Coruña

Web de bicicoruña

No hay comentarios: