Programa (Percorrido ciclista)
12:00 Concentración de arquitectos-ciclistas e de arquitectos-camiñantes na praza de Vigo, próxima a delegación.
Percorrido ciclista
Carril bus de Federico Tapia, San Andrés, San Xoán, Orillamar, Paseo marítimo do Orzán.
Refrixerio na Coraza de Riazor
Información-documentación sobre A Coruña sostible (Concello) Camisetas, planos, etc.
Continúa o percorrido
Pase marítimo de Riazor, Milenium, Paseo de San Pedro, O Portiño
14:00 Chegada o Portiño do pelotón ciclista e do grupo peonil. Sesión Vermú
14:30 Xuntanza anual dos arquitectos da Delegación de A Coruña no Portiño, Romaría, música, travesías mariñas e tarde de lecer.
Sortearemos unha bicicleta entre os compañeiros que se apunten no percorrido peonil ou na marcha ciclista.
COAG Coruña
Por Unha Cidade Sostible
Percorrido ciclista e xuntanza anual de arquitectos no Portiño A delegación do COAG na Coruña dedica o día mundial da arquitectura a cidade sostible configurada a través de corredores verdes, espazos públicos e redes de carrís-bici e transporte público ordenados para uso e lecer de peóns, ciclistas e cidadáns en xeral.
Deste xeito queremos amosar o noso apoio a todas aquelas propostas encamiñadas a proxectar un entorno urbano no que o cidadán recupera o uso e lecer do espazo público a través da creación de espazos verdes, da peonalización selectiva das rúas, da creación de carris-bici e de redes de transporte urbano.
A delegación invita a tódolos membros do seu colectivo, a participar nesta celebración/reivindicación que ten por obxeto desprazarse a través da Coruña por medios non contaminantes.
Asemade, o final do percorrido, no Portiño, teremos unha carpa para acoller a xuntanza anual da delegación coa celebración dunha romaría na que poderemos degustar polbo e carne o caldeiro, pinchar música no bar local ou navegar polas illas próximas.
2 comentarios:
Un saludo compañeros desde Murcia!
Saludos compañeros!!
Publicar un comentario