miércoles, 5 de mayo de 2010

Doce horas en bici 2010. A Coruña

Este venres é a convocatoria da Masa Crítica coma tódolos primeiros venres de mes ás 19:45 na praza de María Pita. E o día seguinte, sábado 8 de maio, serán as 12 horas en bici entre a praza de Ourense e Porta Real ao que estades todos invitados a asistir nas horas que poidades.

Convocatoria:

12 HORAS EN BICI 2010
Masa Crítica A Coruña

Cando?
O sábado oito de maio, desde as dez da mañá ata as dez da noite. 

Onde?
Pois nun percorrido circular entre a Porta Real e a Praza de Ourense. 

Pero, doce horas pedaleando?
Non, pero si. As 12 horas en bici non son unha proba de resistencia física nin se trata dun evento cun perfil competitivo nin comercial senón reivindicativo e festivo. Trátase dunha intervención no espacio público para transformalo. Durante doce horas, calquera persoa poderá participar da acción coa súa bici ou calquera outro vehículo non poluínte. En calquera momento, entrando e saíndo as veces que queira. Haberá tamén un punto informativo, no Cantón, para descansar e (auto) reparar as máquinas. 

E cal é o obxetivo?
Para as persoas que convocamos esta IV edición das 12 horas en bici as razóns son múltiples, e pódese participar por outras diferentes ás nosas. Non obstante, para nós o tema principal é enfrentarnos ao dominio do coche privado sobre as nosas cidades e sobre o conxunto do planeta, á agresividade medioambiental e social que conleva.
Queremos demostrar que é posible desprazarse doutro xeito; sen atascos, ruídos nin malos fumes e coa seguridade que nós creamos ante o tráfico motorizado ao pedalear en grupo.

Quen convoca?
O grupo local da Masa Crítica. A Masa Crítica é un evento celebrado en máis de 300 cidades diferentes e que consiste nun paseo colectivo mensual. O que hai detrás das Masas Críticas son unhas comunidades activistas informais, fluctuantes e desenfadadas; vacilantes e vacilonas. Nelas non existe nin membresía (e tampouco ningún centro organizativo ou liderazgo). Na Coruña a Masa Crítica celébrase o primeiro venres de cada mes, ás oito da tarde -aínda que con impuntualidade regular- a pedalada sae desde a praza de María Pita. 

Participa no foro da Masa Crítica en Coruña

lunes, 18 de enero de 2010

Masa Crítica en Coruña 2010

La primera entrada del año la aprovechamos para actualizar el calendario de convocatorias para el 2.010, la Masa Crítica en Coruña se sigue convocando el primer viernes de cada mes en la plaza de María Pita, cualquier ciclista que quiera se puede unir a la marcha para celebrar y reivindicar el uso de la bicicleta en nuestra ciudad. Estas son las fechas, apúntalas en tu agenda!!

1 de Enero
5 de Febrero
5 de Marzo
2 de Abril
7 de Mayo
4 de Junio
2 de Julio
6 de Agosto
3 de Septiembre
1 de Octubre
5 de Noviembre
3 de Diciembre